Aberto o prazo de presentación de ponencias

I SEMINARIO SOBRE O SECTOR ENERXÉTICO NA PROVINCIA DA CORUÑA

Aberto o prazo de presentación de ponencias

octubre 28, 2025 Enercor 0

Cluergal organizará en Ferrol, os días 2 e 3 de decembro, o I SEMINARIO SOBRE O SECTOR ENERXÉTICO NA PROVINCIA DA CORUÑA.

Este Seminario, que conta coa financiación da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, celébrase co obxectivo de ser un punto de encontro de profesionais e interesados no sector enerxético da provincia da Coruña.

ENERCOR abordará diferentes temáticas como as renovables, o aforro e eficiencia enerxética, o mantemento, a iluminación, a mobilidade eléctrica,…

Está xa aberta a convocatoria para a presentación de comunicacións. Para a súa aceptación farase unha selección por parte dun Comité Técnico de Expertos.

As comunicacións presentadas terán carácter científico, tecnolóxico ou divulgativo. Na súa valoración, a Comisión Técnica dará preferencia ás de carácter innovador, que presenten novidades científicas ou tecnolóxicas, actuacións emblemáticas ou que teñan incidencia relevante e tamén a súa relación coa provincia.

As propostas de traballos poden presentarse ata o 14/11 a través deste FORMULARIO.

ENERCOR 2025
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.