Aberto o prazo de inscrición para ENERCOR 2025

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organiza no CIS de Ferrol o I Seminario sobre o Sector Enerxético na Provincia da Coruña (ENERCOR). Se celebrará os próximos 2 e 3 de decembro.
Este evento conta coa financiación da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, e ten como obxectivo poñer en valor o papel do sector enerxético na provincia, impulsando a cooperación, a innovación e a difusión do coñecemento técnico e científico.
O seminario ENERCOR abordará unha ampla variedade de temáticas relacionadas co sector, como as enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética, a iluminación ou a dixitalización, entre outras.
Neste link pode consultarse o PROGRAMA. Xa está aberta a inscrición, que é gratuita, a través deste FORMULARIO.


