Faise público o programa de ENERCOR 2025

I SEMINARIO SOBRE O SECTOR ENERXÉTICO NA PROVINCIA DA CORUÑA

Faise público o programa de ENERCOR 2025

noviembre 25, 2025 Enercor 0

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) vén de facer público o programa do I Seminario sobre o Sector Enerxético na Provincia da Coruña (ENERCOR), que se celebrará os días 2 e 3 de decembro de 2025 no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

Este encontro, organizado por Cluergal coa financiación da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, nace cun claro obxectivo: crear un espazo de referencia para profesionais, empresas e persoas interesadas no sector enerxético da provincia, impulsando a cooperación, a innovación e a difusión do coñecemento técnico e científico.

O programa inclúe cinco sesións temáticas que abordarán cuestións clave como:

  • A realidade e perspectivas do sector enerxético na provincia
  • A eficiencia enerxética en edificios e instalacións
  • A integración de renovables
  • A innovación tecnolóxica
  • A dixitalización e a aplicación de IA e drons no mantemento avanzado

Participarán expertos de entidades como Iberdrola, Navantia, Exponav, Inega, ITG, Universidade da Coruña, CO2 Smart Tech, Ledvance, Reganosa, SGS, Aeromedia ou Willbö, entre outras.

O PROGRAMA completo pode consultarse aquí.
A inscrición é gratuita e xa está aberta a través deste FORMULARIO.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ENERCOR 2025
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.