Información

I SEMINARIO SOBRE O SECTOR ENERXÉTICO NA PROVINCIA DA CORUÑA

O SECTOR ENERXÉTICO NA PROVINCIA DA CORUÑA

A transición enerxética é un proceso de cambio de modelo energético que abarca diferentes tendencias como a sustitución de enerxías convencionais, a base de combustibles fósiles, por enerxías renovables, a implementación do vector de almacenamiento, a progresiva electrificación da economía, a descentralización e dixitalización de redes eléctricas ou, entre outras, a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética.

O sector das enerxías renovables componse de varias tecnoloxías, entre as que podemos destacar a enerxía eólica, a biomasa, a solar, a hidráulica, a maremotriz ou a xeotérmica. A implantación de enerxías renovables aporta un valor engadido ao xerar tecido industrial vinculado ás tecnoloxías emerxentes. A implementación, o mantemento das instalacións e a elaboración de compoñentes requiren persoal cualificado que necesita formación continua.

Por outra banda, o cambio de modelo enerxético e o incremento de custos da electricidade e gas fan necesaria a implantación urxente de medidas de aforro e eficiencia enerxética polas empresas de calquera industria, sexa electrointensiva ou non.

Polo tanto, a evolución do sector industrial vai estar marcada pola transición enerxética e tamén pola progresiva implantación de tecnoloxías dixitais como o a Intelixencia Artifical, o uso de drons para as inspeccións técnicas (labores de mantemento de aeroxeneradores, etc.), o Big Data, etc, tanto en procesos de fabricación, instalación ou mantemento.

En Galicia, segundo o informe ARDAN, o sistema produtivo de enerxías en Galicia está conformado por más de 500 empresas, xerando más de 5.000 empregos, o que supón un valor preto de 1,5% do total de empregos de Galicia. 

Se estima que na provincia da Coruña estas cifras son dunhas 250 empresas e uns 2.250 empregos. Esto sin contar as empresas e empregos da industria auxiliar que da servicio o sector enerxético. Polo tanto a provincia da Coruña configúrase como unha referencia enerxética tanto en Galicia como en España.

I SEMINARIO SOBRE O SECTOR ENERXÉTICO NA PROVINCIA DA CORUÑA (ENERCOR 2025)

Seminario no que realizará presentación de ponencias por parte de profesionais de empresas da provincia ou de actuacións feitas na provincia relacionadas co sector enerxético.

Este evento ten vocación de punto de encontro entre investigadores e profesionais do sector enerxético .

Está dirixido a:

  • Profesionais da xeración enerxética.
  • Profesionais da industria auxiliar que da servicio ao sector enerxético.
  • Profesionais de calquera industria que teñan a necesidade de implantar medidas de aforro enerxético, renovables e dixitalización.
  • Persoal técnico das administracións públicas con labores relacionadas coas temáticas do congreso.
  • Investigadores de centros tecnolóxicos e universidade.
  • Profesores e estudiantes de ciclos medios e universidade.

O Seminario divídese en diferentes temáticas como poderán ser enerxías renovables, aforro e eficiencia enerxética, mantemento, iluminación, mobilidade eléctrica, dixitalización, etc.

Organiza:

CLUERGAL – Clúster de Enerxías Renovables de Galicia.

Entidade sen ánimo de lucro con sede en Ferrol. Na actualidade está formada por 130 socios entre empresas (125), centros tecnolóxicos (3)  e asociacións e colexios profesionais (2).

Coa financiación de:

Deputación da Coruña.

Xunta de Galicia.

Colabora:

Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).

Centro tecnolóxico que ten a súa sede na cidade da Coruña e é unha fundación privada sen ánimo de lucro creada no ano 1991. A investigación aplicada, o desenvolvemento, a innovación e a transferencia tecnolóxica en diferentes eidos, entre eles o enerxético, son a súa razón de ser.

Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemáticas de Galicia (CITMAga).

Centro que nace a través dun convenio entre as tres universidades públicas de Galicia, co fin de integrar as capacidades científicas no ámbito das matemáticas, compartindo visión e estratexia e cunha clara aposta de transferencia coñecemento. Coa motivación de promover unha cultura colaborativa que busca a excelencia na investigación, a innovación e a formación, o CITMAga aspira a converterse nun centro de referencia nacional e internacional, constituíndo un entorno atractivo para o desenvolvemento científico e profesional.

ENERCOR 2025
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.